A ría de Vigo contará cun sistema de vixiancia exterior que operará 24 horas ao día todo o ano
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves que a ría de Vigo contará cun Sistema de Integral de Vixiancia Exterior (SIVE) que reforzará a seguridade en toda a costa "desde a o norte da ría de Pontevedra, case ata A Guarda". Trátase de sete radares coas últimas tecnoloxías e un investimento de 7 millóns de euros.
O rexedor municipal avanzou hoxe xoves que a ría de Vigo acollerá o Sistema Integral de Vixiancia Exterior (SIVE), "un avance moi importante no terreo de detectar calquera incidente dentro da auga". Cun investimento de 7 millóns de euros colocaranse sete radares que cubrirán toda a costa desde "o norte da ría de Pontevedra case ata A Guarda". Caballero, despois de manter un encontro co teniente Coronel da Guardia Civil e xefe da Comandancia de Pontevedra, Fernando Pedreira, puxo en valor a importancia de dispoñer de información sobre o que acontece no mar case con dúas horas de antelación e subliñou que haberá "control 24 horas ao día 365 días ao ano". O sistema, que aporta as últimas tecnoloxías, servirá para detectar navíos, barcos ou calquera artefacto flotante ata 50 quilómetros da costa.
Descargar todas as imaxes