Caballero destaca a labor de Bombeiros e Policía Local durante as máis de 50 intervencións da pasada noite
O rexedor avanzou hoxe luns que a cidade de Vigo rexistrou na pasada madrugada 82 litros de auga por hora, con intensidades de ata 110 litros/hora. Tras aclarar que a situación superou a alerta laranxa decretada polos técnicos, Caballero, quen inspeccionou persoalmente as zonas máis afectadas durante a noite e esta mesma mañá, fixo un balance das máis de 50 intervencións desenvolvidas por bombeiros e Policía Local e explicou que os técnicos van facer un estudo polo miúdo das zonas máis afectadas para poder sacar conclusións de cara ao futuro.