Escoitar

Presentación do libro de memorias de Portela Valladares

xoves, 2 mai 2002
imx1363.jpg
Retrato
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, o presidente da Fundación Penzol, Francisco Fernández del Riego, e o escritor e historiador José Antonio Durán presentaron os actos que se celebrarán durante todo este ano con motivo do 50 aniversario do falecemento de Portela Valladares. Os actos de homenaxe continuarán mañá en Pontevedra, para seguir en Santiago, Fonsagrada, Cataluña e Madrid.


Manuel Portela Valladares (1867-1952), avogado pontevedrés, foi gobernador xeral de Cataluña e presidente en funcións da Generalitat en 1934, así como xefe de Goberno no momento de alzamento nacional de 1936. Tamén foi o editor e propietario do xornal El Pueblo Gallego.

No acto de hoxe, que tivo lugar na Casa Galega da Cultura, o escritor José Antonio Duran presentou un libro de memorias de Portela que segundo o historiador ”permite sacar á luz pública un documento de indudable interese para a comprensión da figura de Manuel Portela Valladares. Liberal-demócrata, creador e líder do Partido de Centro Democrático. Foi unha figura clave na historia do agrarismo e o nacionalismo galego, sen renunciar o seu carácter de político de estado e de españolista prototípico”.

Na presentación entregouse á Fundación Penzol unha edición en CD de El Pueblo Gallego e proxectouse un documental co título ”El Roble y el Junco: Manuel Portela Valladares”, realizado polo Taller de Ediciones.
Descargar todas as imaxes