María Méndez salienta que o servizo de atención primaria de Benestar Social realizou 29.198 intervencións no 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, afirmou este xoves que o servizo de atención primaria que presta o departamento que dirixe realizou 29.198 intervencións no 2009, atendendo 22.966 usuarios novos. Asemade, a concelleira avanzou que ao longo do ano incrementarase o número de traballadoras sociais co obxectivo de reforzar o servizo e atender a demanda existente.
No balance que María Méndez realizou do servizo de atención primaria correspondente a 2009, salientou a súa importancia xa que asegurou que é o que está "máis próximo ás persoas e garante o carácter universal dos servizos sociais". Explicou que este servizo, "o cuarto piar do benestar", desenvólvese en once UBAS que teñen cinco localizacións diferentes nas instalacións de Coia, Praza do Rei, Praza da Princesa e as rúas Martínez Garrido e Doutor Cadaval. Destacou que por zonas, a de Castrelos e zona Sur (atendida no Concello), son as que rexistran un maior incremento de intervencións.
A concelleira de Benestar Social fixo referenza ás principais funcións da atención primaria. Entre elas destacou o diagnóstico das necesidades e demandas da poboación; a identificación de grupos de poboación mais vulnerables e a detección precoz dos riscos; o seguimento das prestacións económicas, como o Risga; a xestión do servizo de axuda no fogar e da Lei de Dependencia; e a información, orientación e asesoramento sobre o funcionamento do servizo.
Respecto ao funcionamento deste servizo no 2009, indicou a posta en marcha do programa de cita previa, xa existente noutras administracións. Ao respecto dixo que foron atendidas un total de 9.821 persoas, das que o 71% acudiron á cita concertada.
No tocante ás principais demandas efectuadas polos usuarios e usuarias, María Méndez, sinalou que a cobertura de necesidades básicas foi dun 45,12%, e a solicitude de información e orientación foi do 25,7%. Respecto ás Risga, indicou que houbo 737 solicitudes. Neste sentido sinalou que disminuíron considerablemente respecto ao 2008, cando se presentaron1.124 solicitudes. A concelleira engadíu que das 737 solicitudes, 608 xa foron remitidas á Xunta, e delas foron concedidas 438. O número total de Risga concedidas en Vigo é de 972, das que 616 corresponden a mulleres e 356 a homes.
Respecto ás axudas de emerxencia, a edil do BNG destacou o forte incremento das demanas, "determinado pola situación de crise", sinalou. Así, das 963 solicitudes no 2008, pasouse a 1.136 no 2009. María Méndez anunciou que nos orzamentos do 2010 inclúese unha partida de 420.000 euros, "que duplica a do ano anterior", para dar resposta ao incremento. Alimentación e aloxamento son as dúas principais necesidades que se resolven coa concesión destas axudas.
A responsable de Benestar Social deu conta tamén da tramitación da Lei de Dependencia e sinalou que debido aos axustes provocados pola súa aplicación, descendeu o número de solicitudes, ao pasar de 2.333 persoas demandantes no 2008 a 897 no 2009. Por outra banda, indicou que no Concello de Vigo hai un total de 1.280 perosas que contan coa prestación que lles corresponde pola Lei de Dependencia.
No tocante ao desdobramento das unidades de traballo social, a concelleira de Benestar Social indicou que esta é unha das necesidades contempladas no Plan Director de Servizos Socias. Sinalou que na actualidade, en Vigo, a cada traballadora social lle corresponde unha poboación de 22.000 persoas, cunha relación de entre 2.500 e 3.150 persoas atendidas. Neste sentido destacou que para mellorar a calidade do servizo é preciso rebaixar o ratio de usuarios e usuarias por traballadora social.
"Dende que chegamos ao goberno no 2007 duplicamos os orzamentos de Benestar Social, ao chegar neste 2010 aos 8 millóns de euros", subliñou María Méndez. Ao respecto, indicou que o incremento para este ano respecto ao 2009 é do 37%.
Descargar todas as imaxes