Escoitar

Abrénse á mocidade os Roteiros polo Vigo Arqueolóxico

Percorridos polos principais vestixios e xacementos doutros tempos no Concello de Vigo, para achegar a riqueza patrimonial da cidade e o seu entorno a poboación xuvenil, constituen un dos principais obxectivos do Roteiros polo Vigo Arqueolóxico, que a partir do 18 de marzo se desenvolverán dacordo coa programación de actividades da Concellaría de Xuventude. As convocatorias previstas serán guiadas e gratuítas polos diferentes lugares que van desde O Castro a Toralla, pasando por Castrelos.

xoves, 4 mar 2010
1267709955xacemento1.jpg
Os roteiros abriránse o 18 de marzo, no Museo de Castrelos, a partir das 17 ata as 19.30 horas, coa posta en marcha do Obradoiro de arqueloxía, unha actividade didáctica, interactiva e divulgativa que vai a servir para que a persoas participantes se convirtan en arqueólogos durante unha xornada. Para iso realizarase unha escavación arqueolóxica determinante para coñecer o proceso científico de afondar no estudo do pasado. Deseguido, os integrantes do obradoiro experimetarán aspectos da vida da etapa histórica estudada, como poden ser caza, pesca, fundición de metais ou fabricación de xoias. As épocas que se revisitarán con tan singulares actividades van a ser o neolítico, paleolítico, cultura castrexa e romanización. Esta convocatoria, como todas as incluidas nos roteiros, está aberta a persoas en edades comprendidas entre 15 e 35 anos.

O primeiro recorrido propiamente dito comezará o 25 de marzo cunha visita guiada a Salina romana que se atopa na rúa Rosalía de Castro, donde ao pé do edificio do Sergas desenvolverase a visita a partir das cinco da tarde e por un espazo de tempo de cincoenta minutos, que ten como finalidade dar a coñecer como era o proceso de elaboración dun produto esencial nos primeiros séculos da nosa era como o sal, pois o xacemento no casco urban de Vigo é o único que se conserva en relación cunha salina que utilizaba o método de evaporación solar.

O 8 de abril será a xornada elexida para o roteiro polo xacemento do Castro, tamén cun horario de 17 a 17.50 horas, que na ladeira do monte do mesmo nome vai a permitir un mellor coñecemento de como desenvolvían a súas vidas os primeiros poboadores de Vigo nun asentamento que data dos séculos II e III da nosa era, hoxe musealizado e aberto ás visitas.

Os roteiros continuarán o 16 de abril cunha visita á residencia romana de Mirambel e que as cinco da tarde terá como punto de encontro a igrexa de O Vao, desde donde comezará a actividade cuxa duración é dunha hora, tempo dispoñible polos participantes para mergullarse na vida dunha edificación do Baixo Imperio romano do tipo casa de campo, destiñada tanto a lugar de residencia como explotación de produtos primarios relacionados coa agricultura e a gandería.

O 22 de abril dedicarase a unha visita á sala de Arqueoloxía do Museo de Castrelos, de cinco a seis e media da tarde, para facilitar o achegamento á riqueza do importante legado recollido na citada dependencia. Para facer máis efectiva a actividade, os participantes disporán dunha maleta didáctica con réplicas do material exposto na mencionada sala, e que ten como obxectivo facer máis directa a experiencia e facilitar o entendemento do explicado sobre o terreo.

Para acadar máis información sobre os roteiros e as inscricións nos mesmos, en Casa da Xuventude (R/López Mora, 31), teléfono 986 294 806. E tamén no Punto Xove, da rúa López Neira, 27, teléfono 987 223 004.
1267709955xacemento1.jpg
1267709966xacemento2.jpg
Descargar todas as imaxes