Aforo, Máscara, Sísifo e Teatro Alla Scala participan esta fin de semana no programa “Vigo a Escena”
A iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural VIGO A ESCENA levará esta fin de semana o teatro ás parroquias de Cabral, Candeán, Matamá e Teis, onde actuarán os grupos Aforo, Máscara, Sísifo e Teatro Alla Scala, respectivamente.
O programa de actividades teatrais para o sábado e domingo e o seguinte:
SÁBADO, 20 DE ABRIL.-
“A do libro”, de Teatro Alla Scala, ás 17,30 no Auditorio dos Irmáns Misioneiros de Teis. A obra relata as aventuras de Perello de Chora-que-logo-bebes, unha aldea pequena, que se atopa ó lado da Fraga Branca, un parque de seres fantásticos rodeado por un muro moi alto: tan alto que ninguén ousou atravesalo nunca.
Pero Perello, un cativo, pensa que non o fan porque teñen medo a se aventuraren a combateren contra xigantes de cinco brazos ou dragóns de dúas cabezas, que din que hai por alí. E é que os seus paisanos só saben choricar e cantar cantigas tristes de cemiterio.
Máis, a pesar de escoitar a cotío tan horrendas narracións, e da prohibición da súa nai Perello decide un día saltar o muro e descubrir por si mesmo que hai de certo en todas esas historias. Deste xeito coñecerá lugares tan insospeitados como o Camiño da Felicidade e o da Infelicidade, atopará nas nubes o rastro da Cidade da Confusión... ata chegar á mesmísima boca da Felicidade a Forza.
“Guillados”, de Máscara, ás 19,30 na UVCD de Candeán. Esta montaxe relátanos as aventuras e desventuras de dúas tolas que se citan no interior do psiquiátrico con dous internos do Pavillón de homes.
“¿Qué...?”, de Sísifo, ás 22,00 na SCD Atlántida de Matamá. A obra está interpretada por unha serie de homes que saen a escena para debuxar algúns dos problemas, dúbidas e inseguridades que os atinxen. Cada un deles representará unha preocupación que exporá ó espectador, un espectador que se converte en psicólogo, que escoita e ata se amosa comprensivo coas situacións, porque moitas delas son tamén súas malia que poidan semellar ridículas ou, se cadra, por iso mesmo.
DOMINGO, 21 DE ABRIL.-
“Tres de Ionesco”, de Aforo, ás 19,30 na AVV Santa Mariña de Cabral.Esta peza está composta por tres obras curtas de Eugene Ionesco: “Escena para catro actores”, “Los saludos” y “La cantante calva”, todas elas dirixidas por Leonel García Laborde e interpretadas, entre outros, por María Gramary, José Martínez, José Manuel Braga ou Pilar Dios.
ARTELLO-TEATRO ALLA SCALLA
Descargar todas as imaxes