O Concello realoxará na rúa Anduriña aos inquilinos de vivendas afectados pola prolongación de Rosalía de Castro
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu un paso máis no proceso de desenvolvemento do proxecto de prolongación da rúa Rosalía de Castro e de urbanización do seu contorno. Hoxe recoñeceu o dereito de realoxo a 18 familias que ocupan os edificios que serán demolidos.
O dereito de realoxo concrétase na concesión dunha opción de compra sobre vivendas situadas na rúa Anduriña. Os afectados terán un prazo de tres meses para facer efectiva esa opción de compra. Os prezos oscilan entre os 20.000 e os 25.500 euros. No prezo inclúese a vivenda, a praza de garaxe e un trasteiro. A Xunta de Compensación da UE Rosalía de Castro II terá que presentar un aval de 150.000 euros no Concello que servirá como garantía da próxima presentación do proxecto de compensación necesario para comezar a tramitar o desenvolvemento urbanístico da devandita unidade de execución.