O alcalde insta a empresa e traballadores do servicio de limpeza a chegar a un acordo inmediato
O alcalde, Lois Castrillo, reclamou que a empresa concesionaria da recollida do lixo reconstitúa a mesa de negociación do convenio colectivo para chegar a un acordo no prazo máis breve posible cos traballadores, que levan tres días de folga.
Castrillo explicou que ámbalas partes deben ser conscientes de que están causando dano á cidade, xa que os traballadores da empresa de limpeza teñen a responsabilidade de prestaren un servicio esencial. Instou á empresa a que negocie e apelou á responsabilidade dos traballadores porque non debe haber moitas marxes de diferencia e só falta vontade de negociación, segundo estimou.
O alcalde afirmou tallantemente que o Concello non vai achegar máis diñeiro á empresa concesionaria para que afronte as peticións salariais, polo que non deben agardar unha intervención da Administración local na negociación.