A Concellería de Muller colabora nunha campaña de xestión informática destinada ás empresarias
A vindeira semana estará en Vigo o autobús que a Federación de Empresarias Galegas, con subvención do Servicio Galego de Igualdade, puxo en marcha coa campaña: “Empresaria e Xestión Informática. Xestión Informática de Pequenas e Medianas Empresas (Pemes)”.
Esta campaña, de carácter gratuíto, está destinada ás mulleres de Vigo con máis de 18 anos e ten como obxectivo ofrecer coñecementos sobre contabilidade financeira, patrimonio da empresa, elementos patrimoniais e rexistros de operacións, entre outros contidos. O obxectivo é levar ó animo das pequenas empresarias e autónomas de que é doado levar a propia contabilidade utilizando a informática.
O curso ten unha duración de 15 horas, distribuídas en cinco sesións (unha por día) de tres horas de duración cada unha delas. As mulleres interesadas poden optar por inscribirse no grupo de mañá (de luns a venres, en horario de 11,00 a 14,00 horas) ou de tarde (de luns a venres, en horario de 17,00 a 20,00 horas).
A ubicación do autobús será previsiblemente na praza de División Azul, no linde da rúa Venezuela coa rúa Camelias, enriba da praza do Rei.
As mulleres interesadas, poderán inscribirse, facilitando os seus datos e a súa opción de horario, no teléfono da Federación de Empresarias de Pontevedra. O contacto é Rosa Fernández a través do teléfono 986-441024, en horario de 10,30 a 13,30.