Escoitar

Xa están á venda as entradas para o concerto do gaiteiro Patrick Molard

luns, 15 abr 2002
imx1302.jpg
Patrick Molard
A Concellería de Xuventude subvenciona o concerto que ofrecerá o gaiteiro bretón Patrick Molard no cine Salesianos o xoves, 18 de abril. As entradas pódense adquirir de forma anticipada por 5 euros no locais da Agrupación de Centros Culturais (Porta do Sol, 11-bis e Gamesal-Torrecedeira, 92) e no cine Salesianos o mércores entre as 18:00 e as 21:00 horas. O prezo de venda en taquilla será de 6 euros.


PATRICK MOLARD (BRETAÑA)


PATRICK MOLARD está considerado como un dos mellores especialistas de gaita escocesa no mundo.

No ano 1965 inicia o estudio deste instrumento na ”BAGAD DE ST. MALO”, para máis tarde ingresar na banda de gaitas ”AN ERÉ” de RENNES en 1969. Artífice do suceso do grupo nos anos 1970, 1971 e 1973 en CANADA e ESCOCIA, distínguese ademais como brillante competidor solista en todos os concursos individuais nos que participa durante este período. É neste momento cando decide converterse en músico profesional formando parte do grupo de ALAN STIVELL.

PATRICK MOLARD é un dos responsables directos do rexurdimento da música bretona. Ten formado parte de numerosos grupos (SATANAZET, OGHAM, GWENDAL, GWERZ, PENNOU SKOULM, DEN, MOLARD TRIO... ) e sobre todo con DAN AR BRAS con quen creou un dúo de gaita e guitarra de grao excepcional.

Durante tres anos consecutivos gañou o ”TROFEO MAC ALLAN” no ”FESTIVAL INTERCELTICO DE LORIENT” (1980, 1981, 1982), na Bretaña, e no ano 1984 grava o seu primeiro disco de longa duración en solitario baixo o título de AR VAZ BALAN.

Os anos seguintes son os da súa consagración definitiva. Continuando na súa liña ascendente e participando como solista nalgunha das formacións máis sobranceiras da Bretaña actual (GWERZ, PENNOU SKOULM, DEN, MOLARD-PELLEN TRIO, ALAIN GENTY GROUP e, nestes momentos, o TRIO MOLARD-KERDONCUFF, paralelamente a outro proxecto musical chamado CELTIC PROCESSION e trátase dunha fusión totalmente revolucionaria de jazz contemporáneo e músicas tradicionais) a súa sensibilidade e virtuosismo son pezas claves dentro do éxito acadado internacionalmente, converténdose no pilar indiscutible destes grupos.

Dende o ano 1993 forma parte do colectivo MAESTROS SOLISTAS EUROPEOS DE GAITA, compartindo escenario con outros grandes solistas como PETKO STEFANOV (Bulgaria), MICHEAL O´BRIEN (Irlanda), RORY CAMPBELL (Escòcia), CARLOS LORENZO (Galicia), FRED MORRISON (Escocia)e J.M. FERNANDEZ ”GUTI” (Asturias).

PATRICK MOLARD representa tamén a parte máis tradicional dentro da música bretona. Mestre de ”biniou koz” (gaita pequena), foi varias veces campión de Bretaña na modalidade de ”couple” (parella de ”sonneurs” que é a formación máis típica das antigas ”FestouNoz”, aínda hoxe de gran popularidade en todas as festas e romarías bretonas), levando como compañeiro á bombarda ó ”sonneur” YOUEN LE BIHAN.

Por outra banda, Patrick conságrase ao ensino da música, dirixindo o CONSERVATORIO DE MUSICA DE KARAEZ (FISTERRA ? BRETAÑA). É titular do ”DIPLOME D´ETAT DE MUSIQUE TRADICIONELLE” o que lle concede un grao especial como profesor. El mesmo imparte cursiños de Highland bagpipe, small pipe, uillean pipe e biniou koz, ao tempo que participa en seminarios sobre estes mesmos instrumentos celebrados en diferentes puntos de Europa.

A música

Recital excepcional de música de gaita escocesa, irlandesa e bretona, o concerto de Patrick artéllase ó redor da música destes países a máis de Galiza, nutríndose o seu repertorio de temas tanto tradicionais como de autor e cando a ocasión o permite de PIOBAIREACHD. Esta é unha música sabia, de tradición oral, elaborada hai catro séculos nas illas HEBRIDAS e se ven transmitindo de boca a oído ata os nosos días. Música envolvente, fascinante, máxica..., a miúdo comparada ó RAGA INDIO.

Discografía

PATRICK MOLARD participou, xa como compoñente das diferentes formacións ás que nos temos referido anteriormente, xa como músico solitario na gravación de máis de 30 discos de longa duración. Destaca a súa aportación no ”LIVE IN DUBLIN”, con ALAN STIVEL: DOUARNEVEZ, con DAN AR BRAZ. Outros discos a ter moi en conta na súa traxectoria musical son ”AU DELA” de GWERZ, ”JUST AROUND THE WINDOW” con DEN, con ALAIN GENTY, “LA COULEUR DU MILIEU” (Premio da Crítica en Francia) e “LE GRAND ENCRIER”, ”CELTIC PROCESSION” con JACQUES PELLEN e KENNY WHEELER, dúas figuras relevantes do ”jazz contemporáneo”, e onde podemos disfrutar dun dos máis altos niveis acadados pola música de raíces na súa espléndida fusión entre tradición e vangarda, ”TRYPTIQUE” co TRIO MOLARD-PELLEN. En “couple de sonneurs” ten un CD acompañado de YOUENN LE BIHAN “ER BOLOM KOH” de estilo puramente tradicional. Tamén con DAN AR BRAZ “THEME FOR THE GREENLANDS” e co guitarrista irlandés PAT KILBRIDE “ROCK AND ROSES”.

Como solista ten editados seis Cd´s: “AR BAZ VALAN” o seu primeiro disco en solitario que inclúe unha versión de AIRES DE PONTEVEDRA tema que aprendera do mestre Ricardo Portela. “PIOBAIREACHD” fundamental para os amantes deste tipo de música para gaita. Outro CD de música bretona inédita, recollida por el mesmo ao longo de moitos anos. Tamén hai que subliñar o seu último traballo editado en CD co colectivo MAESTROS SOLISTAS EUROPEOS DE GAITA ou outro gravado ao vivo en Glasgow chamado “GRAND CONCERT OF SCOTTISH PIPERS”.

Por último falar do seu derradeiro traballo: unha verdadeira obra maestra concibida por PATRICK MOLARD. Neste CD participan os tres irmáns MOLARD PATRICK, JACKY E DOMINIQUE), JACQUES PELLEN, KALINKA VULCHEVA (solista e directora do prestixioso grupo “MISTERIO DAS VOCES BULGARAS”, MICK O’BRIEN e YVES BERTHOU. Entre outros aires marabillosas destacar dúas pezas galegas: unha marcha procesional a que Patrick titula TON BUDIÑO, e outra de autoría propia como homenaxe ó gaiteiro galego RICARDO PORTELA .

Descargar todas as imaxes