Escoitar

Presentación dun coleccionable sobre a Batalla de Rande

venres, 12 abr 2002
imx1297.jpg
Cartafol
O pazo museo ”Quiñones de León” foi o escenario que acolleu hoxe a presentación dos coleccionables ”La Batalla de Rande” e ”Pintura y grabados históricos de la Batalla de Rande”. A presentación estivo a cargo do concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe: o subdirector xeral de Faro de Vigo, Ceferino de Blas, e do director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

A publicación, editada por Faro de Vigo, está formada por 25 fascículos e 12 láminas históricas sobre a contenda naval dos días 23 e 24 de outubro de 1702 en Rande. A obra está escrita polos xornalistas Eduardo Rolland, Jaime Conde e Patricia Alvarez e está concebida en tres partes: situación histórica, a batalla e a busca do tesouro.

Na introducción da obra recóllese que: ”A ría de Vigo foi escenario hai trescentos anos dunha das batallas navais máis importantes da historia de Europa. Entre os días 23 e 24 de outubro de 1702, unha potente escuadra anglo-holandesa entrou na ría viguesa en busca do tesouro que gardaban os galeóns da Flota da Prata, refuxiada na ensenada de San Simón baixo a custodia dunha vintena de barcos da Armada de Francia. O ataque inimigo no só significou un duro revés para os intereses españois e franceses na Guerra de Secesión, tamén supuxo a irremediable perda da parte da valiosa mercancía que gardaban nas adegas os galeóns chegados de América”.
Descargar todas as imaxes