O transporte público dará servicio aos veciños de Guixar
A Concellería de Tráfico e Transportes pon en marcha a partir de hoxe un dos cambios previstos no Plan de Reordenación de Liñas do Transporte Urbano. A liña 17 (Fonte Alvite-A Guía) cambia o seu percorrido para dar servicio aos veciños da zona de Guixar.
A liña 17, que agora circula por Sanjurjo Badía, cambia a partir de hoxe luns, 15 de abril, o seu percorrido para pasar polas rúas Enrique Lorenzo, Avda. de Guixar e Julián Estévez. Nas tres rúas estableceranse paradas.
O billete de transferencia é utilizado por 2.000 persoas cada día e detectouse un incremento paulatino de arredor de 100 usuarios que, cada semana, se suman a este servicio. Coa utilización da Tarxeta Verde de transporte público pódense tomar dous autobuses na mesma dirección abonando só o prezo dun único tramo.
Adxudicación da xestión da Escola Infantil Santa Marta
A Comisión de Goberno adxudicou a xestión do servicio da Escola infantil municipal de Santa Marta no Casco Vello de Vigo ao colexio Los Milagros S.L. Esta escola terá un horario de 8:00 a 21:00 horas con servicio de gardería permanente para nenos de 0 a 3 anos de idade, co obxectivo de contribuír a facer compatibles os horarios laborais e familiares. O período de matrícula abrirá do 15 de maio ao 14 de xuño, como o das escolas infantís municipais de Teis e Lavadores.