Escoitar

A pista de xeo estará instalada na explanada do Náutico do 24 de decembro ao 20 de xaneiro

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este mércores que a pista de xeo estará instalada na explanada do Náutico dende o xoves, 24 de decembro, ao 20 de xaneiro. Na súa presentación, salientou que se enmarca dentro das actividades organizadas polo Concello de Vigo no Nadal que "xa é un clásico" e que este ano foi posible grazas a Gadis, empresa sen a que sería "moi complicado que a cidade tivera pista de xeo".

mércores, 23 dec 2009
1261576064pistaxeo.jpg
Santi Domínguez explicou que nenos e maiores poderán patinar sobre xeo de 11 a 23 horas a un prezo de 6 euros para o público en xeral e 3 euros para os colexios, que poderán facer as súas reservas como en convocatorias anteriores. Expresou o seu agradecemento a Gadis, xa que afirmou que se trata dunha "empresa galega que ten apostado por este tipo de actividades colaborando cando se lle pide".

"A pista de xeo é unha actividade que xa forma parte de Vigo como nas principais cidades do Estado", salientou o representante de Gadis, quen lembrou que este ano a pista en Vigo cumpre dez anos. Explicou que ademais de colaborar coa Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes para que a cidadanía teña a posibilidade de patinar sobre xeo, Gadis tamén ofrecerá a posibilidade de patinar gratis co reparto de 3.000 entradas nos puntos de venda de Vigo, Nigrán e A Guarda.
Descargar todas as imaxes