Escoitar

Repartiranse folletos informativos sobre alcohol e saúde nos centros de atención primaria

venres, 6 abr 2001
imx105.jpg
Belén Sío
A Concellería de Benestar Social presentou unha campaña informativa sobre alcoholismo, con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, en colaboración cos centros de atención primaria de Vigo. Esta acción está enmarcada no convenio de colaboración asinado coa unidade asistencial Asvidal.

O lema desta campaña é ”Si á atención, non á exclusión” e, segundo explicou a concelleira Belén Sío, a Organización Mundial da Saúde cifra en 140 millóns as persoas con problemas mentais derivados do alcoholismo en todo o mundo, para o que se require un esforzo desde a responsabilidade política e a implicación de profesionais para seguir informando sobre estes transtornos de cara á prevención.

A delegada de Sanidade da Xunta de Galicia, Dolores Pan Vázquez, afirmou que o consumo excesivo de alcohol supón un problema de saúde importante e, a pesar de que se observa unha tendencia de descenso na poboación xeral, na franxa de idade máis nova increméntanse os afectados.

Dolores Pan apuntou que o 2,3% dos mozos consomen alcohol de forma abusiva durante as fins de semana, o que pode derivar nun hábito diario. Este problema aféctalle á sociedade en xeral e vense implicados en facilitar información tanto pais, profesores como profesionais, polo que fixo un chamamento para aunar esforzos.
Descargar todas as imaxes