Escoitar

"Imos atender todas as demandas de humanización que nos presenten os cidadáns de Vigo"

O alcalde, Abel Caballero, inaugurou hoxe venres as rúas Badajoz, Antela Conde e Andalucía, no barrio do Calvario, cunha inversión total de 1,25 millóns de euros. Esta é unha "ampliación" das melloras que están a efectuar no Calvario, afirmou Caballero, que mostrou a súa "vontade de continuar con este proxecto". O alcalde asegurou "recursos importantes" para humanizacións e indicou que atenderá as demandas da cidadanía ao respecto.

venres, 27 nov 2009
1259329561inauguracion.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que "imos atender todas as demandas de humanización que nos presentes os cidadáns de Vigo", declaración que tivo lugar no transcurso da inauguración das melloras das rúas Badajoz, Antela Conde e Andalucía, no Calvario.

Caballero recordou que o número de proxectos de humanización rematados ou en execución rondan as 200, polo que "creo que somos creíbles", afirmou, na súa proposta de levar adiante as reformas das rúas que solicite a cidadanía. Para acadalo, o alcalde avanzou que "imos ir con toda a presa" e dedicará en todo este mandato "recursos importantes" dirixidos a humanizacións.

O alcalde vigués defendeu este modelo de humanización, no que "as rúas son da xente". Caballero constatou que a cidadanía viguesa está a ocupar os novos espazos humanizados.

Humanización do Calvario
Abel Caballero, acompañado por outros concelleiros da Corporación, mostrou a súa "satisfacción" pola apertura das rúas Badajoz, Antela Conde e Andalucía, melloras nas que traballaron 58 persoas cun investimento total de 1,25 millóns de euros.

Estas reformas responden a unha "ampliación" das actuacións que está a realizar o Concello no Calvario, segundo indicou o alcalde, quen ratificou a súa "vontade de continuar con este proxecto" no barrio vigués.

Caballero indicou que os veciños da zona "clamaban" pola mellora desta zona "de gran uso e moi deteriorada" e asegurou que "mereceu a pena o esforzo da cidade" na mesma, que ten o seu reflexo na "satisfacción da xente".
1259329561inauguracion.JPG
1259329567inauguracion.JPG
Descargar todas as imaxes