Escoitar

Un tercio do persoal formado e empregado no programa municipal "UTIL" ten ubicación en empresas privadas<br />

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, fixeron este mércores entrega dos diplomas aos 65 participantes do programa de emprego municipal "UTIL", que foron formados e empregados durante un ano polo Concello co obxectivo de incorporalos ao mercado laboral. Esta iniciativa, con preto dun millón de euros de investimento, repetirase este ano e xa logrou a reinserción de uns 25 beneficiarios, segundo informou Caballero.

mércores, 21 out 2009
1256129514diplomasutil.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, fixeron entrega hoxe mércores dos diplomas aos 65 beneficiarios do programa de emprego municipal UTIL, dos que unha terceira parte ten "ubicación asegurada" en empresas.

Segundo indicou o alcalde, o "éxito" desta iniciativa do Concello permitirá a súa reedición este ano, con case un millón de euros de investimento municipal. Os participantes no UTIL pertencían a coletivos con dificultades de inserción laboral, e formóuselles desde unha perspectiva tanto teórica como práctica.

O obxectivo do programa da Concellería de Promoción Económica e Emprego, pasa por dotar ao personal beneficiario dun "nivel de formacion razoable", segundo afirmou o alcalde, coa finalidade de lograr unha reinserción no mercado laboral.

A este respecto, Abel Caballero informou que, a partires desta edición, o UTIL reformarase para manter o vínculo cos participantes e poder recurrir a eles no futuro no caso de xurdir oportunidades laborais no mercado privado.
Descargar todas as imaxes