Escoitar

Vigo será o referente da arte contemporánea internacional do 14 ao 17 de xaneiro con "Espacio Atlántico. Puro Arte"

A feira de arte contemporánea de Vigo celebrará do 14 ao 17 de xaneiro a súa cuarta edición cunha vocación máis internacional baixo a denominación de "Espacio Atlántico. Puro Arte". O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe na presentación que o certame está xa plenamente consolidado e fai de Vigo unha referencia no mundo da arte.

mércores, 7 out 2009
1254919307Atlantico.JPG
Santi Domínguez dixo que tras o éxito dos últimos anos "era preciso asumir novos retos e facer que a feira medre". Por iso explicou que se decidiu reforzar a vocación internacional do certame e coa nova denominación abarcar ao Eixo Atlántico. "Queremos que o Ifevi sexa eses días os referente da arte peninsular", afirmou.

O tenente de alcalde agradeceu o traballo desenvolvido pola directora da feira Marta Scarpellini para acadar o alto nivel que nestes tres anos adquiriu e tamén quixo salientar o respaldo que nas catro edicións ten amosado Caixanova, que estivo representada na presentación por Paloma Vela, directora de exposicións da entidade.

O tenente de alcalde incidiu tamén no feito de que desde a organización se quixo que este ano a feira estreitara vínculos coa cidade e, por iso, como novidade vaise realizar o catálogo da feira xunto cunha guía de Vigo que exhibirá os aspectos máis salientables da arte contemporánea da cidade.

Pola súa parte, Marta Scapellini sinalou que nesta edición se fixo "un esforzo grande buscando elevar o nivel de calidade". A este respecto salientou o feito de que a dirección artística se teña deixado en mans David Barro "a persoa que máis e mellor coñece a arte en Galicia". A súa presenza xunto ao comité de selección, integrado por asesores especializados, que se encargará de seleccionar as galerías participantes, serán dúas pezas fundamentais para garantir a calidade e éxito desta nova edición.

En "Espacio Atlántico" estarán presentes a maioría das galerías galegas e as principais de Portugal, así como unha ampla representación de profeseionais doutros países referentes da arte contemporánea. Marta Scarpellini quixo tamén suliñar a liña de colaboración que a feira vai ter con institución presentativas da cidade. Ademáis de Caixanova, se traballará en cooperación co Marco, o Museo do Mar ou a Fundación Pedro Barrié de
la Maza.

O artista Leopoldo Nóvoa será a figura que este ano sexa homenaxeada na feira. Habilitarase un espazo no que se exhibirá a súa obra e tamén unha mesa redonda arredor a súa figura.A directora explicou que haberá un Espazo VIP patrocinado por Purificación García, no que se poderá contemplar a súa "excelente" colección fotográfica".

A responsable de exposicións de Caixanova, Paloma Vela, quixo poñer de manifesto "a nova dimensión que acada a feira" e felicitou a aposta "porque se dea un paso tan ambicioso". Paloma Vela asegurou que será unha oportunidade única para "estar cara a cara co mellor da arte contemporánea".
Descargar todas as imaxes