Escoitar

Deportes apoia o Open de Porto que abre a tempada europea de terra batida

mércores, 27 mar 2002
imx1247.jpg
Presentación
Os concelleiros de Deportes de Vigo e Porto, Santiago Domínguez e Paulo Cutilheiro, presentaron o Porto Open 2002 que se celebrará do 1 ao 7 de abril no complexo deportivo de Monte Aventinho. Este torneo será unha plataforma de encontro entre galegos e portugueses afeccionados ó tenis.

A apertura de portas aos rapaces, o fenómeno de democratización do tenis e a longa tradición existente tanto en Vigo como en Porto foron algunhas das características que destacou Cutilheiro. ”A celebración desta cuarta edición contribúe ao desenvolvemento deportivo da cidade do Porto, que se abre aos cidadáns de Galicia e do norte de Portugal para presenciar este evento”, sinalou o responsable de Deportes da Câmara Municipal do Porto.

As mellores tenistas do mundo comezarán neste Open a dar indicacións sobre as súas posibilidades de triunfar en Roland Garros, a proba do Grand Slam considerada como o campionato do mundo de terra batida e que se celebra no mes de maio en París.

As 25 xogadoras participantes con entrada directa no Open Porto 2002 están clasificadas no top 100. Distribuiranse premios por 140.000 dólares (155.000 euros).


MÁIS INFORMACIÓN

Descargar todas as imaxes