Escoitar

O tenente de alcalde destaca que "Vigo, cidade viva" reflicte a profundidade e complexidade da cidade

O tenente o alcalde, Santi Domínguez, subliñou este venres que "Vigo, cidade viva" transmite " a profundidade e complexidade da nosa cidade nunha longa viaxe ao mar, a cultura, a literatura, as nosas orixes e á nosa gastronomía". Na presentación da publicación, na que tamén participaron o director da mesma, Alfonso Paz Andrade, e o coordinador, Emilio Alonso, Santi Domínguez lembrou que será a guía de Vigo para os participantes na World Fishing Exhibition que se celebrará na cidade do 16 ao 19 de setembro.

venres, 28 ago 2009
1251464400vigo.JPG
Segundo manifestou o tenente de alcalde, a guía recolle e mostra "todo aquilo que fixo que Vigo sexa unha cidade complexa e ás veces complicada", e neste sentido reivindicou esa complicación como "expresión de que nos gusta estar vivos e superarnos a nós mesmos". O nacionalista fixo fincapé en que a World Fishing Exhibition supón un reto para a cidade, posto que Vigo "terá a oportunidade de mostrar a súa potencialidade". "Teremos a posibilidade de mostrarnos como somos, unha cidade moderna e ao tempo innovadora", salientou.

O director da publicación e vicepresidente executivo da Fundación Sales, lugar onde se celebrou a presentación, destacou a importancia da colaboración coa Tenencia de Alcaldía para facer realidade a publicación. Ao respecto, Alfonso Paz Andrade, explicou que se trata dun "experimento multiligüe", porque se recolle o texto orixinal de cada un dos colaboradores participantes. Deste xeito pódense atopar textos en galego, como os do propio Santi Domínguez e Alfonso Paz Andrade, castelán, inglés, alemán e italiano.

O coordinador da revista, pola súa banda, sinalou que "Vigo, cidade viva" recolle a multiculturalidade que caracteriza á cidade de Vigo. Así, Emilio Alonso explicou que a publicación conta con 22 colaboradores, entre os que figuran Xesús Alonso Montero, Gerardo González Martín, Fernando Franco, Soledad Antón e María del Carmen Parada, entre outros.
Descargar todas as imaxes