Aprobado o orzamento para este ano, que ascende a máis de 169 millóns de euros
O Pleno da Corporación municipal aprobou hoxe o presuposto xeral de 2002 que se eleva a 169.214.573,53 € e a resolución de reclamacións presentadas. O concelleiro de Economía a Facenda, Xabier Toba, manifestou que o conxunto do presuposto permanece invariable coas propostas e modificacións detectadas pola intervención municipal.
Un dos aspectos máis salientables do orzamento é o capítulo de investimentos, que ascende a 4.388.076.225 ptas., máis do dobre ca o ano anterior. Os investimentos financiaranse con cargo a fondos doutras administracións e a operacións de débeda. Neste senso o pleno aprobou as bases para concertar a operación de préstamo para as inversións do 2002 por importe de 16.235.456,19 euros.
Boa parte deses cartos irán destinados a mellorar infraestructuras básicas da cidade. Gastaranse 1.157 millóns de pesetas en dotar de saneamento aquelas parroquias que aínda carecen del e máis de 160 millóns en obras de asfaltado de rúas e arranxo de beirarrúas. Outro aspecto ao que se lle prestará especial atención é o de humanización de barrios e acondicionamento de zonas verdes, apartado para o que se reservan ao redor de 200 millóns de pesetas.
O capítulo de investimentos reflicte a estratexia do Goberno municipal de completar a rede de dotacións socioculturais da cidade. Así aparecen no documento importantes partidas para o Museo de Arte Contemporánea (356 millóns), a Casa das Palabras (1.000 millóns), o centro cívico e auditorio de Teis (57 millóns), o conservatorio de música (259 millóns), o polideportivo de Bouzas (57 millóns) ou o pazo de Congresos (307 millóns). Cómpre sinalar tamén o esforzo orzamentario realizado na mellora do transporte público, para o que en 2002 se consigna unha partida de 800 millóns de pesetas. O gasto corrente ascende a 9.702.157.937 ptas., un 4,36% máis ca no anterior exercicio.
Os gastos municipais de persoal acadarán en 2002 a cantidade de 7.613.496.173 pesetas, un 2,7% máis ca o ano anterior. Con esa cantidade aténdense os compromisos recollidos no convenio en vigor. A Corporación tamén aprobou a proposta económica resultante do proceso do proxecto de valoración de postos de traballo, así como a actualización e adecuación dos postos de traballo do Instituto Municipal dos Deportes.
Saneamento e Urbanismo
Os concelleiros aprobaron o convenio de colaboración entre o Concello e a Seragua, concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento de auga, para a execución dos proxectos de ampliación de infraestructuras de saneamento nas parroquias do rural do termo municipal. Asimesno aprobouse o proxecto definitivo de ampliación do saneamento de Castrelos cun presuposto de investimento de 435.380,81 euros, e un prazo de execución de catro meses.
O Pleno da Corporación procedeu á aprobación definitiva do Peri Galindra, na parroquia de Castrelos. Este planeamento urbanístico ordena unha superficie de 17.526 m2 na que se construirán 52 vivendas unifamiliares. As vivendas ubicaranse ao longo de duas ringleiras paralelas ao camiño da Galindra. A zona verde, 10.516 m2, ubicarase xunto á estrada e separando as duas fileiras de edificios. Os promotores do Peri calculan que o coste de urbanización da área roldará os 400.000 euros.
Por outra banda, aprobouse a recuperación de dous locais de propiedade municipal situados na rúa Carral, 29 e 35: e desestimouse a proposta de recoñecemento da titularidade privada dunha parcela ocupada polo parque municipal da rúa Coutadas-Teis e a inclusión no inventario municipal de bens do chamado camiño das Laxes en Candeán.