As obras da Casa das Palabras marchan a bo ritmo
O concelleiro de Novos Proxectos, Carlos Príncipe, visitou esta mañá as obras de construcción da ”Casa das Palabras” que se iniciaron o pasado mes de setembro no aparcadoiro de Samil. As previsións finais de remate das obras e equipamento están fixadas para o mes de abril do próximo ano, se ben esta planificación está condicionada a situacións alleas á propia obra, como climatoloxía ou imprevistos constructivos.
Nestes momentos estanse a realizar as obras de excavación e cimentación que rematarán nos últimos días do mes de abril. En canto ó levantamento da estructura, as previsións son para principios do mes de xullo, aínda que o ritmo imposto á obra posibilite o seu remate a mediados de xuño.
Isto permitirá que se permita o estacionamento en toda a zona non ocupada pola obra. Inicialmente, acondicionarase para que de xeito ordenado e en todo o espacio que na actualidade ocupan os restos das podas, poidan estacionar o maior número de vehículos, de tal xeito que as obras manteñan o seu ritmo e, ó mesmo tempo, a cidadanía poida acceder ó máximo de prazas de aparcadoiro.
Para a súa execución, foi necesario dotar a Casa das Palabras dunha edificabilidade entre 5.000 e 6.000m2. O edificio consta de soto, planta baixa, primeiro e planta de lanterna. A superficie construída no soto é de 1.182,30 m2, na planta baixa de 1.778 m2, na primeira de 1.389,96 m2 e na planta de lanterna de 331,24 m2. As obras realízaas a empresa Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. e o arquitecto redactor é César Portela.
O presuposto de execución é de 1.555.663.972 pesetas (9.349.728 euros) cofinanciado nun 70% a través das axudas establecidas pola Comunidade Europea mediante os Fondos Estructurais, -Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- e, o 30% restante mediante financiación municipal en virtude do Programa Operativo Local, froito das negociacións do Ministerio de Facenda coa Federación Española de Municipios e Provincias para o periodo comprendido entre os anos 2000-2006 nas cidades de máis de 50.000 habitantes.
CASA DAS PALABRAS
A Casa das Palabras é unha iniciativa da Concellería de Cultura que consiste na creación dun centro dotacional de carácter expositivo, recreativo e didáctico sobre as palabras, idiomas, libros, escritores e falantes. Será un espacio, localizado en Samil, no que os visitantes coñecerán ”as palabras” como unha fonte inesgotable de sorpresas a través de soportes audiovisuais, paneis e cadros interactivos e salas de exhibición, audición e proxección.
A Casa das Palabras créase como continuación ás actuacións realizadas pola Concellería de Cultura, encamiñadas a fomentar o desenvolvemento cultural da cidade, como a Fundación Penzol, Fundación Laxeiro, Arquivo Pacheco, Instituto Galego da Cultura ou o Museo da Arte Contemporánea.
En Vigo conflúen circunstancias históricas, académicas, industriais, comerciais e sociolóxicas que converten a cidade en lugar privilexiado para a súa ubicación ó ser a capital da industria editorial de Galicia, foro de longa tradición de escritores, editores, ilustradores, libreiros, cidade universitaria con Facultade de Filosofía e Letras, Escola Oficial de Idiomas e bibliotecas municipais e universitarias.
A iniciativa responde á concepción contemporánea da cultura, inspiradora doutros centros de recoñecido prestixio como poden ser o Museo da Ciencia de Cuenca, os acuarios de Barcelona e San Sebastián, Domus na Coruña..., que aúnan espectáculo, didáctica e calidade na súa divulgación cultural.
Existirán unidades expositivas renovables coordenadas con soportes dialogantes que lle permitan a cada visitante disfrutar explorando para cada tema escollido, con independencia da súa formación cultural, sendo algunhas das unidades didácticas, entre outras:
-As palabras e o corpo. O cerebro, as cordas vocais, a cavidade bucal...
-A voz e as palabras como realidade física: frecuencia, amplitude, intensidade, decibelios...
-As linguas de España, de Europa e do mundo.
¿Cantas linguas hai? Linguas vivas e mortas. Onde se falan, como soan.
-As falas en Galicia. As falas como identidade de grupos profesionais e gremiais. Falas segundo sexo, idade, orixe xeográfica...
-Distintas culturas, distintos usos das palabras. Como se presentan as persoas. Como contestan ó teléfono, como contan un chiste... os falantes de distintas partes do mundo.
-As palabras viaxan: expansións, influencias, mesturas, imposicións...
-A traducción. Dende a pedra Rosetta á traducción con programas informáticos.
-Outros xeitos de comunicármonos: a linguaxe dos xordomudos, o Braille, os asubíos dos pastores, o uso dos tambores, os sinais de tráfico, a sinalización -nas cidades, nos aeroportos, nos centros deportivos, nos hospitais, a taquigrafía, o morse...