Escoitar

A exposición ”Cardinales”, coordinada por Bertomeu Marí, abrirá o Museo de Arte Contemporánea

xoves, 21 mar 2002
imx1223.jpg
Príncipe e Marí
O responsable da redacción do Plan Estratéxico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Bartomeu Marí, traballa na exposición ”Cardinales” que será unha das que inauguren en outubro este centro.

O Plan Estratéxico do Marco parte de tres ideas fundamentais que son definir a particularidade do museo de Vigo, establecer circuítos dende o local, nacional e internacional e crear unha institución próxima á realidade da arte destes días para ter capacidade de resposta inmediata. Os traballos de redacción do plan estarán finalizados este verán.

Bartomeu Marí foi director do Centro de Arte Contemporánea Witte de With de Rotterdam durante o tempo máximo que permiten os seus estatutos, dous mandatos de tres anos, foi conservador do Instituto Valenciano de Arte Moderno (IVAM) e organizador de exposicións na Fundación para a Arquitectura de Bruxelas.

MÁIS INFORMACIÓN

Descargar todas as imaxes