Escoitar

A Policía de Praias vela xa pola seguridade dos areais de Vigo

O alcalde Abel Caballero visitiou esta mañá a Sección Policial de Seguridade en Costa e Praias que patrulla desde mediados de mes os areais de Vigo. O servizo dependente da Policía Local centrarase na zona que vai de Alcabre a Canido, e de maneira especial nas praias de Samil e O Vao.

martes, 30 xuñ 2009
1246366012costaplaya.jpg
A Policía de Praias está composta por 12 axentes, que prestarán servizo todos os días da semana, en quendas de mañá e tarde (de 7:00 a 15:00 e de 14:00 a 22:00 horas). Con este solapamento horario perséguese unha presenza policial permanente nas horas de maior afluencia ás praias.

Para esta campaña estival os axentes recibiron adestramento por parte de persoal sanitario do servizo de emerxencia 061, en técnicas de Soporte Vital Básico, que lles capacita para manter as constantes vitais dun eventual accidentado ata a chegada dos servicios de urxencia..

Os axentes patrullan en bicicleta e levan un uniforme moi visible de cores vivos para seren máis facilmente identificables polas persoas que necesiten o seu auxilio e, ao mesmo tempo, disuadiren a aquelas que teñan intención de levar a cabo actos ilícitos. Por outra parte, ademais dos seus equipos de transmisións, cada policía de praia ten un teléfono móbil de contacto, un detector de chips canino para identificar ao propietario de cans extraviados, lazo para captar cans, prismáticos, desfibrinados, insuflador de aire e cánulas de Guedel de distintos tamaños para as maniobras de soporte vital básico.

O obxectivo principal da Policía de Praias é garantir a seguridade cidadá no litoral vigués ata o final da temporada de verán.
Descargar todas as imaxes