Xa funciona o billete de transferencia do autobús urbano
Dende hoxe, os viaxeiros que cambien de autobús no seu percorrido e utilicen a tarxeta como medio de pago non terán que abonar o segundo traxecto. Xa está en marcha o billete de transferencia, que abarata a utilización do transporte público a todos aqueles que necesitan cambiar de autobús nos seus desprazamentos.
Simultaneamente á posta en marcha do billete de transferencia entrararon en servicio dúas novas liñas circulares de autobuses urbanos. Para comprobar o seu funcionamento o alcalde, Lois Castrillo realizou esta mañá unha viaxe en autobús, na que puido tamén revisar a posta en marcha do novo carril bus da rúa Pizarro.
Castrillo subliñou que esta data supón un fito na modernización do transporte público urbano en Vigo, non só pola introducción do billete de transferencia, senón tamén porque se recupera unha política abandonada na cidade hai máis de vinte anos, a de facilitar o funcionamento dos autobuses creando carrís bus que proporcionan máis rapidez ao servicio. O alcalde anunciou que nos próximos meses seguiranse introducindo melloras no transporte público como a implantación de máis liñas circulares, a renovación da flota de autobuses ou a colocación de marquesiñas nas paradas.
Unha das liñas que utiliza o carril bus de Pizarro é a C-3, que substitúe ás liñas 1,2 e 3 e une Bouzas e Coia con Teis. Ten dúas variantes, unha parte dende a igrexa de Bouzas e outra do cemiterio de Coia. En ámbolos casos circula pola Gran Vía, a praza de España, Pizarro, a Travesía de Vigo, o alto da Encarnación, a Avda. de Galicia, Sanjurjo Badía, García Barbón, Pi y Margall e Tomás Alonso. Os autobuses fan este percorrido circular nos dous sentidos e pasan os días laborables cunha frecuencia de 15 minutos, agás en Bouzas onde a frecuencia é de 30 minutos. Os domingos o percorrido ampliarase ata Samil.
A C-5 substitúe ás actuais liñas 6 e 18. Este autobús tamén vai dende Coia ata Teis pero por outra rota. Percorre a Avda. Ricardo Mella, a Florida, Camelias, López Mora, Pi y Margall, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Travesía de Vigo, Bos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Castelao, Estrada e Marín ata regresar ao Cemiterio de Coia. Estes circulares viaxan tamén nos dous sentidos cunha frecuencia ao cruce de 15 minutos.
Hoxe tamén se realizou unha modificación na liña 31, que une o Hospital do Meixoeiro co cruce de S. Lorenzo pasando polos Canos. Neste caso o cambio afecta só aos horarios. A partir das 8:45 da mañá reduce a frecuencia de paso de 45 a só 30 minutos.
Descargar todas as imaxes