Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 02 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde sinala a "satisfacción da cidade" ante o avance do complexo de comunicacións de Vigo

Abel Caballero visitou esta mañá as obras da nova estación de autobuses da cidade e agradeceulle ao presidente da Xunta a "cooperación" neste proxecto no que as administracións competentes, dixo, "estiveron á altura do que Vigo merece".




O rexedor puxo en valor o "grande complexo de comunicacións que vai facer unha zona enteira distinta da cidade", destacando a complexidade técnica e a "cooperación aberta e total" coa Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento. "Neste traballo estivemos todos á altura do que Vigo merece por iso llo recoñecín ao presidente da Xunta".
Abel Caballero apuntou que "sempre recibo con entusiasmo o que se fai para ben na cidade e a estación de autobuses e os túneles de entrada e saída en Vigo coordinados coa grande acción de Fomento, dende hai anos, merece o recoñecemento da cidade e quero facelo no seu nome", sinalou, singularizando o agradecemento no ex ministro Pepe Blanco, que impulsou a obra do tren de alta velocidade a Vigo.

No discurso posterior á visita ás obras, o alcalde referiuse á súa chegada á alcaldía no ano 2007 cando o tren entraba en Vigo en gabia, partindo a cidade en dous e imposibilitando a saída sur. "Conseguimos transformar aquela gabia en túnel permitindo a saída sur", apuntou.

En relación ao orzamento, expuxo o alcalde olívico que o conxunto da estación ferroviaria supera os 400 millóns de euros, "algo que quero recoñecer e que nos permitiu facer unha senda verde na vía do tren". Sobre a estación de tren de Thom Mayne explicou que supera os 200 millóns de euros e quixo "saudar a estación de autobuses cun investimento de 12 millóns que me gusta e o desenvolvemento das entradas e saídas na cidade en túneles cun custo de case 22 millóns de euros. Estamos facendo a maior obra que se fixo nunca na cidade" engadindo que seguirán cooperando ata o remate do proxecto.
Mais noticias
O Concello ten en marcha ou en previsión obras por valor de 108 millóns
O Nadal de Vigo xera demanda de aloxamento en toda a área metropolitana
Ceferino de Blas lerá o Bando do Día da Constitución
O Concello abre o prazo para inscribirse nos campamentos de Nadal
Consello da Xerencia municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003