Escoitar

Mañá entra en funcionamento o novo ascensor que une o Mar de Vigo co Castro

O alcalde anunciou a posta en marcha do novo ascensor de Juan Ramón Jiménez, que une Marqués de Valterra con Torrecedeira, concretamente o Auditorio Mar de Vigo co parque Camilo José Cela. É o segundo ascensor que une estas rúas e que forman parte do corredor mecánico que une a zona do mar co Castro.

martes, 1 set 2026

Caballero explicou que elevador permitirá avanzar na creación dunha conexión mediante medios mecánicos entre o mar de Vigo e o Castro, salvando un desnivel superior aos 100 metros. Ao novo elevador súmase o existente na contorna do Instituto Oceanográfico como parte desta conexión vertical.

“Esta é a forma de facer Vigo”, afirmou o alcalde, destacando a aposta municipal polos medios mecánicos para facilitar os desprazamentos nunha cidade caracterizada polos seus desniveis. Así, asegurou que Vigo “vai moi por diante” neste ámbito e considera que este modelo de mobilidade vertical é xa “un exemplo que todas as cidades importantes do mundo queren copiar”.

O rexedor cualificou o millón de euros destinado ao novo ascensor como “marabillosamente ben utilizado” e destacou a transformación que suporá completar un corredor mecánico capaz de conectar progresivamente a zona do mar coa contorna do Castro.

O novo ascensor exterior é acristalado e conta cunha pasarela de acceso na parte alta e unhas escaleiras para sortear a pendente a pé. A obra incluirá a humanización de toda a zona coa renovación das beirarrúas, unha nova pavimentación, nova rede de pluviais e rede de rega, así como a renovación da rede de iluminación e do mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes