Escoitar

O Goberno local adxudicou 111 axudas de emerxencia no mes de xaneiro

O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación de 111 achegas de emerxencia por importe de máis 25.000 euros. Sobre as críticas á política social do Concello de Vigo, Caballero retou ao resto de forzas políticas a que “digan un só sitio de Galicia con mellor política social que Vigo”.

martes, 27 xan 2026

Na última comisión de valoración aprobáronse 70 axudas de emerxencia por importe de 15.000 euros. Deste total, 17 foron para alimentación; 30 para vivenda; 18 para subministros; 1 para mobiliario de primeira necesidade e 4 para gastos médicos. Tal e como engadiu Caballero, no que vai do mes de xaneiro xa se outorgaron 111 achegas por importe superior aos 25.000 euros.

Ademais, o Concello mantén operativo o dispositivo de frío desde o pasado 15 de xaneiro. Neste período, atendeu a 105 persoas, facilitando un total de 386 pernoctacións no albergue – con 41 prazas ocupadas ao 100%- e 24 persoas derivadas a outros albergues ou hostais. A unidade de frío segue actuando ofertando aloxamento ás persoas que viven na rúa, comida, bebida quente e mantas. Neste punto, Caballero retou a outras forzas políticas a que “digan un só sitio de Galicia con mellor política social que Vigo. E facémolo encantados porque axudar aos que máis o precisan vai no noso ADN”, concluíu.

 

 

 

Descargar todas as imaxes