Escoitar

O novo parque Camilo José Cela, aberto tras un investimento de 315.000 euros

O alcalde inaugurou este martes a remodelación do parque Camilo José Cela. As obras de renovación das zonas central e baixa contan cun investimento do Concello de 315.000 euros. O alcalde recalcou a importancia das melloras realizadas no espazo pola súa proximidade a un colexio e polo seu elevado uso por parte da veciñanza de tódalas idades.

martes, 25 mar 2025

Abel Caballero destacou que as obras realizadas polo Concello no parque Camilo José Cela supuxeron a construción dunha nova área de xogos infantís, unha zona biosaudable e unha pista polideportiva e de futbito. “É unha reforma que tiña un gran interese”, indicou, destacando algún dos novos xogos instalados, como a cama elástica. O parque conta agora cun pavimento de caucho anti-impactos e outros xogos como un balancín, un columpio con hamacas ou un conxunto de escalada.

Esta remodelación inclúe a reparación da pista deportiva, que conta con novas porterías e canastras e bancos. Na zona biosaudable renovouse o pavimento e os elementos para realizar exercicios. Ademais, instalouse nova iluminación e colocaranse papeleiras, bancos e unha fonte.

O alcalde recalcou a vocación do Concello de proporcionar atención especial tanto aos máis novos como ás persoas maiores coa creación de espazos lúdicos e de lecer. “A saga continuará porque isto non para”, indicou o rexedor.

Descargar todas as imaxes