Vanesa Martín actuará o 31 de xullo en Castrelos
A artista malagueña é a segunda actuación confirmada, tras a ópera La Traviata, no emblemático auditorio vigués ao aire libre.

O alcalde anunciou esta mañá o “segundo concerto de Castrelos confirmado para este verán”. O xoves 31 de xullo chegará á cidade a cantante e compositora Vanesa Martín, que regresa aos escenarios para presentar o seu novo traballo discográfico, cunha colección de cancións inéditas.
Vanesa Martín é unha das artistas femininas máis influentes do panorama musical español. As súas exitosas xiras levárona a percorrer España e a cantar en países como Porto Rico, México, Costa Rica, Ecuador, Perú, Chile, Arxentina ou EEUU. Ao longo da súa carreira obtivo varios premios e recoñecementos entre os que se inclúen: a Medalla de Andalucía (2020), o Premio Ondas á Mellor Comunicación Musical grazas ao seu labor de visibilidade do colectivo LGTBI (2019), o Premio Odeón á “Mellor Artista Feminina” (2020) ou o “Mellor Videoclip” nos 40 Music Awards (2019).
Caballero destacou tamén a súa presenza nos programas de televisión La Voz e La Voz Kids. Recordou que xa está tamén confirmada a actuación da ópera La Traviata, o venres 1 de agosto.