Escoitar

A Corporación insta á Xunta a financiar voos no Aeroporto de Vigo

No pleno aprobouse a moción do Grupo Socialista na que se insta ao goberno autonómico a aprobar un plan, con dotación orzamentaria, para a promoción de rutas nacionais e internacionais no aeródromo vigués. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose.

luns, 29 abr 2024

O Pleno aprobou a moción socialista na que se insta á Xunta a financiar voos nacionais e internacionais desde o Aeroporto de Vigo. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu a promoción do aeródromo vigués “porque son un instrumento importantísimo para a actividade económica”.

Aneiros expuxo no a súa intervención que Vigo é a cidade máis poboada de Galicia, Pontevedra a provincia con máis densidade de poboacións, e a área metropolitana que máis aporta ao PIB da comunidade autónoma. “O Aeroporto precisa o apoio de todas as administracións, tamén da Xunta de Galicia”.

O responsable de Facenda cuestionou “o suposto apoio” da Xunta á promoción de destinos turísticos: “non chegan ao Aeroporto de Vigo nin ás administracións locais para que poidan facelo”, concluíu.

CEDRO

Os socialistas tamén aprobaron a súa moción na que solicitan á Xunta “reactivar de forma inmediata e urxente á Comisión Mixta para a integración da rede galega de trastornos aditivos no SERGAS”.

A concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, puxo de manifesto a cuestión para dar cumprimento ao cronograma acordado coas entidades locais e materializar ao longo de 2024 a integración do CEDRO no Servizo Galego de Saúde.

Aguiar defendeu ademais que “entanto non se produza a dita integración comprometida, o goberno autonómico financie o 100% do custo deste servizo asistencia que está a prestar o Concello”.

Descargar todas as imaxes