Escoitar

Os voluntarios do Concello terán formación para mellorar a súa acción

O alcalde deu conta do comezo de distintos cursos para os 805 voluntarios do Concello co obxectivo de mellorar a súa asistencia. As inscricións poden facerse no 010.

xoves, 22 feb 2024

Abel Caballero deu conta do comezo das inscricións aos cursos de voluntariado, que comezarán no mes de marzo. O alcalde manifestou o interese de prestar atención e formación as 805 inscritos como voluntarios municipais.

Deste xeito, o 12 e 13 de marzo comeza o curso básico de inicio ao voluntariado. Amais, haberá formación en atención a vítimas de violencia de xénero, risoterapia, intelixencia artificial como ferramenta para mellorar a acción do voluntariado, acompañamento a persoas con problemas de saúde mental, habilidades e coñecementos para o voluntariado con persoas en risco de exclusión social e soporte vital e primeiros auxilios.

As actividades desenvolveranse no Centro Municipal de Distrito de Bouzas. As prazas son limitadas polo que os interesados deben inscribirse no 010.

Descargar todas as imaxes