Escoitar

O Concello destinará 234.000 euros á prevención de consumos aditivos entre a mocidade

O alcalde informou este martes do outorgamento desta subvención do Plan Nacional sobre Drogas que servirá para desenvolver programas para o tempo libre da xuventude viguesa.

martes, 17 out 2023
O alcalde nunha visita a un campamento municipal. Foto de arquivo
O alcalde nunha visita a un campamento municipal. Foto de arquivo

O Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Drogas, vén de outorgar unha subvención de 234.000 euros ao “Programa de Prevención de Consumos Aditivos en Menores e Novos” que desenvolve o goberno municipal para as actividades deste ano 2023.

O Ministerio concede esta subvención á cidade desde o ano 2017, incrementando agora a contía en 4.000 euros respecto á recibida no ano anterior.

O obxectivo municipal é brindar á xente nova diferentes xeitos de enfocar o tempo libre: xogos, talleres, dinámicas, festas, xornadas temáticas, saídas, excursións..., así como desenvolver talleres educativos, culturais, artísticos e recreativos.

Tal e como explicou Abel Caballero, a subvención do Ministerio de Sanidade servirá para financiar diferentes programas de Xuventude: os campamentos de Nadal, actividades de conciliación en Semana Santa, Campamentos Verán Xove 2023, dinamización xuvenil nos Espazos de Lecer de Coia e da Casa da Mocidade ou as actividades culturais en Vigosónico.

Descargar todas as imaxes