Escoitar

O Concello xa facilitou a vacinación de 30 persoas sen teito no albergue municipal

O alcalde anunciou esta mañá que hoxe mércores vacinaranse a 21 persoas sen teito que se suman ás 9 que recibiron a protección contra a covid o pasado luns. Deste xeito, o Concello continúa colaborando co Sergas na loxística de mobilizar a estas persoas para que poidan ser inmunizadas.

mércores, 1 set 2021

O Concello facilitou xa a vacinación de 30 persoas sen teito á través da Unidade de rúa, que trasladou a estes cidadáns ata o albergue municipal onde lles foi administrada a protección contra a covid. Hai dous meses que o goberno local puxo a disposición do Sergas a súa loxística para localizar a filiar a estas persoas. A Xunta tamén aceptou a proposta municipal de facer un roteiro de rúa programada para vacinar “in situ” a todos aqueles que non queiran ou non poidan desprazarse ata o albergue.