Vigo inicia a instalación do alumeado de Nadal en 334 rúas con 10 millóns de luces
O alcalde de Vigo informou este mércores de que o alumeado de Nadal contará este este ano con 10 millóns de luces LED y chegará a 334 rúas. Unha das novidades avanzada polo rexedor é unha noria xigante que estará na zona da Alameda. A empresa adxudicataria comezou xa a instalación dos arcos de luz na cidade.
A empresa adxudicataria Ximenez comezou este mércores a instalación do alumeado de Nadal para que todo estea listo o vindeiro 23 de novembro, data na que se levará a cabo o acendido das luces nas rúas da cidade.
O alcalde, Abel Caballero, visitou o inicio dos traballos na rúa Rosalía de Castro, á altura de Inés Pérez de Ceta, e informou aos medios de comunicación as novidades que haberá este ano. "Quedan aínda dous meses e dez días, pero cubrir de luces a cidade require de todo este tempo, será o alumeado de Nadal máis importante que houbo nunca", sinalou.
Entre as atraccións, o alcalde destacou que se instalarán 10 millóns de luces LED, 2.700 arcos (2.500), luces en 334 calles (307) e 475 árbores (415). Tamén estará o árbore xigante de Nadal, o moneco de neve, a caixa máxica de regalo, a bola de Nada e unha gran noria de máis de 60 metros.
Poboado de Nadal, tres mercadillos (rúa Londres, Calvario e Alameda), pista de xeo e rampla de neve son outros dos atractivos que ofrecerá "Non choverá o 23 de novembro, xa garanto que haberá un decreto para que non chova, e o resplandor poderá verse desde Madrid, Sevilla, Valencia e Nova York", dixo o alcalde.
"Transformarmos o Nadal nunha grande festa colectiva e o ano pasado xa chegaron dous millóns de visitantes, pero este ano marcamos un novo obxectivo e dado o nivel de reservar cabe pensar que imos superar a cifra", explicou. O alcalde invitou a toda España a viaxar á cidade e destacou o carácter dos vigueses á hora de recibir aos visitantes.
Descargar todas as imaxes