Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 14 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello solicita a anulación da esixencia de cofinanciamento dos centros de día da Xunta

O goberno local aprobou esta mañá un recurso administrativo contra a decisión do Parlamento Galego, adoptada cos votos do PP, de establecer una cofinanciamento dos centros de día da Xunta de Galicia en Vigo. O Concello tería que adicar 345.000 euros para pagar o 30% do mantemento duns servizos que son competencia exclusiva da Xunta.

O alcalde deu conta esta mañá da aprobación dun requirimento de anulación ou revogación con carácter previo á interposición de recurso contencioso administrativo contra a resolución do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 8 de setembro de 2017. Esta resolución, avalada por unha lei aprobada unicamente cos votos do PP, aproba a primeira resolución do réxime de cofinanciamento para centros de día -Teis, Coia e Valadares- xestionados a través do Consorcio.

Tal e como explicou, a primeiro dos motivos do recurso é que se trata dunha infracción da lexislación estatal de Réxime local en materia de distribución de competencias e da lexislación autonómica reguladora dos Servizos Sociais. Dentro das competencias que outorga LARSAL aos municipios non está a asunción forzosa por parte dos concellos de parte dos gastos ordinarios de centros sociais da administración autonómica nos que se presta atención a dependentes. De feito, o Concello non pode xustificar nin competencial nin orzamentariamente unha disposición de fondos a favor do Consorcio.

Os servizos sociais que deben garantir os concellos son os servizos comunitarios básicos e nin estes, nin nos específicos, se inclúe, desde logo, a xestión o mantemento de equipamentos de ámbito supramunicipal e destinados exclusivamente a persoas dependentes. Os centros de día forman parte do catálogo de servizos sociais de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia son competencia da Xunta. Este cofinanciamento supón, polo tanto, unha vulneración do réxime competencial establecido na L 27/2013, impoñendo ás entidades locais un cofinanciamento forzoso de servizos competencia da Xunta. Ademais, o custo destes centros de día ven determinado unilateralmente pola Administración autonómica en base a datos de parte, carentes de contraste e de documentación xustificativa algunha.

O requirimento municipal concibe esta resolución como unha vulneración da garantía institucional da autonomía local na súa vertente financeira. Esta detracción forzosa, unilateral e periódica de fondos municipais representa unha limitación directa da dispoñibilidade dos ingresos do Concello con relevancia constitucional. Neste senso, supón a creación unilateral dun ingreso coactivo á marxe do bloque de constitucionalidade.

O goberno local coida que se pretende impoñer unha transferencia coactiva de ingresos municipais a favor doutra administración mediante a creación dunha atípica fonte de financiamento para a facenda autonómica sen contar coa habilitación necesaria e á marxe do bloque de constitucionalidade. Caballero cualificou de "extrema gravidade" esta situación e avanzou que logo da vía administrativa, o Concello interporá un recurso de inconstitucionalidade.
Mais noticias
Vigo amplía as medidas de aforro de auga pola seca
O goberno local aproba a contratación do ascensor de San Salvador por 524.000 euros
O rexedor avoga por "perseverar" na recuperación do aeroporto, que creceu un 19% en outubro
O alcalde eloxia o sistema de teleasistencia OMNI pola súa capacidade de interacción


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003