Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 17 de xullo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local mellora a accesibilidade en 16 pasos de peóns por case 50.000 euros

Abel Caballero explicou este luns que se está executando o rebaixe das beirarrúas en 16 pasos de peóns para facelos accesibles, unha medida xa incorporada en cada humanización feita en Vigo. O Concello xa rebaixou tres pasos na rúa Pateira e traballa hoxe na rúa Faisán 19.

O alcalde recordou a mellora "importantísima" en accesibilidade que supón as humanizacións, pois todas incorporan beirarrúas rebaixadas nos pasos de peóns. O Concello continúa agora ese proceso con case 50.000 euros para outros 16 pasos máis.

O goberno vigués xa realizou os rebaixes nas beirarrúas para os pasos de peóns da rúa Pateira, á altura dos números tres, cinco e dezasete. Hoxe mesmo se traballa na accesibilidade do paso da rúa Faisán 19, segundo apuntou Caballero.

En próximos días, o goberno local prevé completar a accesibilidade de pasos existentes en Baixada a Samil, na Gran Vía, Pizarro, Florida, Luis Seoane, Hispanidade, Torrente Ballester, Conde de Gondomar, Avenida Atlántida e Limpiño con Teixugueiras.
Mais noticias
O Concello adica 18 millóns a humanizacións, "macro parques infantís" e á Universidade
O Goberno de Vigo pide a medalla ao mérito policial para o axente que salvou a vida dunha muller


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003