Escoitar

A Xunta constata que Vigo case duplica ao resto de cidades galegas en solo para vivenda protexida

O rexedor deu conta esta mañá dunha resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo que sitúa nun 15,01% a reserva de solo para vivenda protexida que recolle o PXOM de Vigo. Esta porcentaxe baixa ao 8,26% no caso de A Coruña e a un 9,13%, se nos referimos a Santiago.

venres, 23 xan 2015
Vigo é a cidade galega con máis reserva de solo para vivenda protexida, segundo recolle unha resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo que hoxe publica o DOG. Concretamente, Vigo preserva para construcción de vivenda a prezo taxado un 15,01% do solo edificable, o que supón que supera nun 82% máis que A Coruña -que ten un 8,26%-, nun 52% a Ferrol (9,87%); nun 56% a Lugo (56%); nun 438% a Ourense (2,79%); e nun 64% a Pontevedra e Santiago (cun 9,13% e un 9,15%, respectivamente). Na súa opinión, isto reflicte o que "é realmente facer política social".