Escoitar

O Concello organiza cursos de alfabetización dixital nos meses de xuño e xullo<br />

As oficina municipal de Teis e o edificio municipal do Areal serán os lugares nos que se impartirán cursos de alfabetización dixital nos meses de xuño e xullo. O requisito é estar empadroado e a inscrición se formalizará a través do 010.

xoves, 24 mai 2018
Os interesados en formarse en Informática e Internet básicos, en Redes Sociais e uso de correo electrónico ou en Trámites electrónicos coa administración poderán participar nos cursos que se desenvolverán no mes de xuño, entre ás 16,30 e ás 19,00 h na Oficina Municipal de Teis (Camiño Maceira s/n). Aquelas persoas que queiran formarse en Mecanografía por ordenador, Iniciación á informática ou Trámites electrónicos coa administración poderán acceder aos cursos que se impartirán tamén en xuño e en xullo na Aula de formación TIC-Cemit entre ás 10,00 e ás 12,00 h.

O único requisito é estar empadroado en Vigo e terán preferencia aquelas persoas que non tiveran realizado o mesmo curso con anterioridade. Información e inscricións no 010 de atención cidadá (986810260 desde fóra de Vigo ou desde un móbil).