Escoitar

Vigo ofrece a Redondela acordar descontos para a utilización do bus urbano

O alcalde asegurou que está disposto a firmar de forma inmediata un acordo co seu homólogo redondelá para que os veciños poidan seguir utilizando a Tarxeta Verde.

mércores, 10 xan 2018
O Concello de Vigo está disposto a firmar un convenio con Redondela para que os veciños da vila poidan seguir utilizando a Tarxeta Verde e beneficiarse das bonificacións dos transporte urbano. O alcalde afirmou que "mañá mesmo" firmaría un acordo para os redondeláns teñan descontos no bus urbano e unicamente sería necesarios que o concello veciño asuma as subvencións que agora mesmo paga o administración viguesa. "Algúns cren que Vigo ten que pagar as subvencións dos cidadáns de Redondela", sinalou Abel Caballero.