Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 12 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Corporación garante a subrogación do persoal dos aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal

A unanimidade do Pleno deu o visto bo este martes á moción presentada por Marea de Vigo demandando a subrogación do cadro de persoal dos dous estacionamentos coa emenda in voce do grupo socialista na que matiza que non se terá en conta o tempo transcorrido entre a extinción da licitación e a nova adxudicación en ningún dos dous casos.

O Pleno do Concello aprobou este martes por unanimidade a moción presentada polo grupo Marea de Vigo instando á Corporación a asumir e garantir a subrogación dos cadros de persoal dos aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal, de maneira que conserven os dereitos e obrigas adquiridos durante os anos nos que levan traballando nestes servizos con independencia do tempo que se tarde nas novas adxudicacións.

Rubén Pérez expuxo a situación de "absoluta indefensión" na que se atopan as sete familias dos traballadores e traballadoras afectadas polo peche dos mencionados aparcamentos, especialmente no referido aos prazos para o dereito á subrogación que contempla o convenio colectivo aplicado aos empregados destes servizos que fixa a inclusión daqueles traballadores que estiveran en activo nos tres últimos meses do contrato.

A concelleira de Transportes Ángeles Marra defendeu o compromiso e responsabilidade do goberno municipal para garantir os postos de traballo respectando a "máxima legalidade no cumprimento do contrato público e do convenio colectivo do sector" e explicou in voce a emenda socialista que salvagarda a subrogación con independencia do tempo que transcorra entre a extinción da licitación e a nova adxudicación dos aparcamentos da Porta do Sol e da Praza de Portugal.
Mais noticias
O Pleno acorda pedir á Xunta que financie os custos da redacción do novo PXOM de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003