Escoitar

O Concello asfaltará a rúa Pizarro, os laterais da Avenida de Madrid e os túneis de Plaza España e Martínez Garrido

O alcalde avanzou esta mañá un investimento de 800.000 euros no asfaltado de catro zonas da "maior importancia" na cidade: rúa Pizarro, laterais da Avenida de Madrid e os túneis de Praza España e Martínez Garrido. Estas accións súmanse ao máis dun millón de euros que o Concello adicou este verán a asfaltar máis de 200 rúas no casco urbán e nas parroquias. <br />

martes, 9 set 2014
O goberno local adicará 800.000 euros ao asfaltado de catro zonas da "maior importancia" na cidade: rúa Pizarro, laterais da Avenida de Madrid, así como os túneis de Praza de España e Martínez Garrido. Deste xeito o explicou Abel Caballero esta mañá nun encontro cos medios nos que aclarou que os traballos na Avenida de Madrid, non só consistirán en reforzar a capa de rodadura, senón que en moitas zonas haberá que afianzar o asentamento sobre o que se fai o asfaltado, dado o mal estado no que se atopan estas vías. Estas actuacións, que rematarán antes de finais de ano, engadiu, "son unha demanda da cidadanía" e permitirán, entre outras melloras, cambiar a fisonomía dos túneis, tal e como xa se fixo no de As Travesas.

O rexedor explicou que o Concello xa investiu este ano máis dun millón de euros no asfaltado de máis de 200 rúas espalladas polo casco urbano e polas parroquias, e puxo por exemplo, rúas tan importantes como Tomás Paredes, Gerona, José Frau ou Heraclio Botana, entre outras moitas.

Transferencia
Durante a súa comparecencia cos medios, Caballero anunciou o envío dunha carta á ministra de Fomento, Ana Pastor, reclamando a transferencia ao Concello da Avenida de Madrid coa correpondente partida orzamentaria. Aclarou que o Goberno local "non acepta unha exepción negativa" á norma de obrigado cumprimento do Ministerio de achegar partida orzamentaria cando realiza unha transferencia. En todo caso, tamén anunciou o envío dun proxecto de remodelación e edecentamento desta entrada á cidade para que o acometa o Ministerio de Fomento, dentro do ámbito das súas actuais competencias.