Escoitar

O Concello achega 605.000 euros á Fundación MARCO, máis do 70% do seu orzamento anual

O Goberno local aprobou unha subvención de 605.000 euros para a Fundación MARCO, o que supón máis do 70% do seu orzamento. O alcalde lembrou que outras administracións recortaron a súas achegas -Xunta e Ministerio de Cultura-, mentres que outras as abandonaron, en referencia á Deputación de Pontevedra.

martes, 20 mai 2014
O alcalde de Vigo resaltou hoxe martes que o Concello é a Fundación MARCO é sostida "prácticamente" polo Concello de Vigo, que achega 605.000 euros o que supón máis do 70% do orzamento anual do museo. En rolda de prensa, Caballero lembrou que a Xunta de Galicia rebaixou a súa aportación dos 300.000 aos 100.000 euros e o Ministerio de Cultura, desde 200.000 euros a 48.000 euros. A este respecto, criticou a "absoluta desatención" que sufre esta entidade cultural por parte dos gobernos autonómicos e central, un reproche que enfatizou ao referirse á Deputación de Pontevedra "que abandoou a Fundación mentres que adica 4 millóns ao Museo Provincial.

O goberno local tamén aprobou una aportación de 48.000 euros á Fundación Provigo, como socio fundador dunha entidade que se dedica á promover a actividade económica e empresarial. Caballero resaltou o compromiso do Concello con esta entidade, en contraste co que fan outras administracións "como a Xunta, a Deputación e o Porto de Vigo, que abandonaron Provigo".