Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de decembro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero sinala que a nova instalación fotovoltaica xera o 5% da enerxía que consume o Parque Central de Servizos

O alcalde visitou este venres o parque central de Lavadores, onde o Concello dispuxo unha instalación fotovoltaica que xera enerxía eléctrica limpa equivalente ao 5% do consumo do centro, cunha producción de 21,9 megavatios por hora. Este "elemento de aforro enerxético moi importante" súmase ás placas térmicas habilitadas no teito do mesmo, que proporcionan o 40% da calefacción empregada polo Parque.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a nova instalación fotovoltaica suma 76 voltios instalados sobre unha pérgola que xera enerxía eléctrica limpa ao tempo que da cobertura aos vehículos do Parque Central.

A estrutura metálica da mesma tivo custo cero para o Concello vigués, segundo apuntou o alcalde, e o dispositivo proporciona a enerxía equivalente ao consumo anual de cinco fogares.
Mais noticias
O alcalde anuncia a adxudicación definitiva de humanizacións por valor de 15,5 millóns
O goberno local sufraga a construción da Escola de Música de Valladares con 150.000 euros


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003