Escoitar

O contorno da igrexa Santiago de Vigo conta con nova iluminacion

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio e Turismo, Santi Domínguez, inaugurou a pasada semana a iluminación artística do contorno da igrexa Santiago de Vigo, no marco das actuacións que estes departamentos están a levar a cabo para potenciar os atractivos das zonas históricas e comerciais da cidade.

luns, 31 mar 2008
1206964474santiagodevigo.jpg
A minimización do deslumbramento e a contaminación lumínica foi un dos aspectos fundamentais que condicionaron o desenvolvemento do proxecto, que contou cun investimento total de 116.000 euros, dos que 100.000 dedicouse á instalación e 16.000 á realización de diversas melloras.

A luminosidade está instalada de abaixo cara arriba, de xeito que as fontes de luz están ubicadas nas cotas inferiores da superficie a iluminar. Este sistema favorece a verticalidade das fachadas, neste caso á da igrexa de Santiago de Vigo, dotando de esbeltez ao monumento. Para minimizar o deslumbramento e contaminación lumínica optouse por instalar un nivel de ilumanición medio que oscila entre 100 e 280 lux, posto que estes valoras considéranse que son correctps e suficientes, tendo en conta o contorno onde se ubica a igrexa. Así, todos os puntos de luz están empotrados no solo con diferentes e especiais reflectores que dirixen a luz cara as diferentes superficies verticais das fachadas, polo que quedan iluminadas a franxa baixa e media das naves lateriais, o ábside e a fachada principal.

Esta opción presenta a o gran atraínte de que ofrece ao observador unha imaxe diferente a que ten ao longo do día, con reducidas molestias visuais, posto que os proxectores que poden producir deslumbramento levan incorporados accesorios antideslumbrantes que minimizan o efecto. Pero ao mesmo tempo non distorsiona as perspectivas visuais do conxunto arquitectónico con elementos visibles alleos ao conxunto edificado e mostra un máximo respecto polo patrimonio histórico e cultural ao non realizarse na propia estrutura da igrexa, que construída no ano 1896 ten un corte medieval historicista e amosa na súa fachada principal un estilo neogótico. Deste xeito se evita o deterioro prematuro da pedra que conforma o edificio e o posterior mantemento.

Co desenvolvemento desta iniciativa inclúses a igrexa de Santiago de Vigo e o seu contorno no percorrido nocturno de interese cultural, xa que dende o Concello tamén se ten instalado a iluminación da Casa das Artes, a Biblioteca Central e a Casa Galega de Cultura. Continuando con este interese por potenciar os atractivos históricos e comerciais de Vigo, a Concelleria de Comercio e Turismo tamén desenvolverá próximamente unha actuación no contorno do Olivo. Este proxecto inclúe a súa iluminación e diversas actuación de mellora deste símbolo tan representativo da cidade.
Descargar todas as imaxes