Green Day confirma a suspensión do seu concerto en Vigo

A Concellería de Festas estudia posibles alternativas ante a confirmación do grupo Green Day de que suspende o concerto previsto para o vindeiro 14 de agosto en Vigo debido a problemas persoais na formación que obrigaron a cancelar actuacións en España e Portugal.
Segundo lle foi comunicado hoxe á Concellería de Festas e Animación Sociocultural, Green Day tivo que realizar un reaxuste na xira europea que afecta a outros concertos previstos en España e tamén en Portugal.
Tras confirmar esta nova, e a pesar das dificultades de axenda dos grupos pola proximidade do evento, a Concellería de Festas iniciou xa contactos con distintas empresas, co obxecto de atopar unha alternativa a este concerto que era o que pechaba as Festas do Cristo da Victoria deste ano.
Descargar todas as imaxes