Escoitar

O Concello consegue unha rebaixa do 25% na súa factura telefónica

martes, 8 xan 2002
A Comisión de Goberno aprobou a sinatura dun convenio con Telefónica de España S.A. que lle permitirá ao Concello un aforro do 25% da súa facturación anual por servicios de telecomunicación.

O Concello ten previsto gastar 275.238 euros. nos seus servicios de telecomunicacións en 2002. Co desconto negociado con Telefónica a institución municipal aforrará este ano case 69.000 E. O convenio permitirá ademáis que o Casa do Concello se conecte con outras trece dependencias municipais a través de liñas ADSL.