Vigo obtivo o primeiro posto no medalleiro dos VI Xogos do Eixo Atlántico
A alcaldesa Corina Porro celebrou unha recepción para estes rapaces deportistas de entre 14 e 16 anos que obtiveron 23 medallas quedando no mais alto do medalleiro dos xogos. Oporto foi segunda e a anfitriona Santiago de Compostela, terceira.

A alcaldesa Corina Porro e a concelleira de Deportes, Lucía Molares, recibiron hoxe luns no Concello ás seleccións de Vigo que participaron dende o 11 ao 16 de Xullo nos VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago de Compostela, para nenos e nenas de entre 14 e 16 anos. Durante a recepción, a alcaldesa felicitou aos novos deportistas e emprazoulles para unha futura festa de celebración dos éxitos, ademais de convidar aos rapaces e adestradores a uns aperitivos.
A cidade de Vigo resultou campiona nas disciplinas de Baloncesto feminino, atletismo en pista por equipos, atletismo en pista para discapacitados e subcampiona por equipos en atletismo en ruta e balonmán masculino. Tamén acadou o carto posto por equipos en natación, quinto posto en voleibol feminino, sexto posto en baloncesto masculino e decimoterceiros en fútbol 7.
En deportes individuais os deportistas vigueses acadaron diferentes primeiros, segundos e terceiros postos nas probas de atletismo en pista, en ruta e natación. En total foron 23 medallas as obtidas polos nosos deportistas, quedando no medalleiro xeral como primeira cidade, do total das quince que participaron nos xogos, sendo segunda a cidade de Porto e terceira Santiago de Compostela.