Escoitar
<br /> A proba terá lugar o 17 de xullo en diversos emprazamentos da cidade

O maraton fotográfico Concello de Vigo cumpre dez anos

Un ano máis a Agrupación Fotográfica Galega e o Concello de Vigo organizan dentro do programa de actos das Festas do Cristo 2005 o Maratón Fotográfico, que se celebrará o vindeiro 17 de xullo en diferentes emprazamentos da cidade de Vigo.

xoves, 14 xul 2005
1121341018fotomaraton.jpg
Chégase así a décima edición desta proba, que xa se ten consolidado como unha das máis importantes das que se celebran anualmente na comunidade autónoma galega. Para festexar o aniversario está previsto organizar unha importante mostra que recollerá os traballos ganadores de toda a historia do maratón.

Na pasada edición participaron no concurso un total de 145 persoas que non quixeron perderse esta cita xa consolidada e que non dubidaron en por en funcionamento a súa imaxinación, un punto que, por certo, é o máis valorado polo xurado.

Deste xeito os participantes deberán intentar reflectir os temas propostos desde a organización que os concursantes tratarán de plasmar nas dúas fotografías, coa limitación dun carrete de 12 fotos para os que participan na categoría de fotografía analóxica.

O período de inscrición previo previsto pola organización deberá realizarse no local da Agrupación Fotográfica, situada na rúa Uruguai, 17, entrechán, do 11 ó 15 de xullo, entre as 19 e as 21 horas, ou ben o mesmo día do maratón no lugar da saída entre as 9:30 e as 11 da mañá.

Os participantes deberán aboar a cantidade de 6 euros, en concepto de inscrición. O número máximo de participantes será de 200, seguindo a estricta orde de inscrición.

Os/as participantes deberán presentarse na praza do Rei ás 11 horas do día 17 de xullo para realizar o control de saída. Nese momento entregaráselle a cada participante o seu número de identificación e unha camiseta conmemorativa que deberán vestir durante o transcurso da proba.

Os/as particpantes na categoría analóxica recibirán un carrete de 12 fotos. Ás 11.30 horas daráselle saída oficial ó maratón.

Os/as participantes deberán presentarse na praza do Rei ás 11 horas do día 17 de xullo para realizar o control de saída. Nese momento entregaráselle a cada participante o seu número de identificación e unha camiseta conmemorativa que deberán vestir durante o transcurso do maratón. Os/as particpantes na categoría analóxica recibirán un carrete de 12 fotos. Ás 11.30 horas daráselle saída oficial ao maratón.

Os premios serán os seguintes:
Categoría analóxica:
Primeiro premio…900 euros
Segundo premio…500 euros
Terceiro premio…200 euros
Categoría dixital
Primeiro premio…400 euros
Segundo premio…250 euros

Os premios concederánselle á serie fotográfica, e o xurado poderá establecer algún outro premio especial se o estima pertinente.
Descargar todas as imaxes