O IX Gran Premio Internacional de judo reunirá en Vigo aos mellores deportistas nacionais e unha representación de loitadores de prestixio internacional
Coa participación de cinco judokas galegos e outros quince destacados loitadores de Portugal, Rusia, Moldavia e o resto de España, a novena edición do Gran Premio vigués quere seguir coa liña ascendente e de calidade iniciada en 2002.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe o IX Gran Premio Internacional de Judo "Cidade de Vigo", que se celebrará na cidade o próximo sábado 27 de novembro. Nesta novena edición, o torneo vigués pretende seguir na liña comezada en enero de 2001 coa celebración do Campionato de España Absoluto e que serviu para dar un salto cualitativo importante mellorando a presencia internacional do trofeo vigués en 2002.
Xunto ao aumento dos premios en metálico para os tres primeiros clasificados, a principal novidade para esta edición é a súa reducción a dous categorías nas que os deportistas galegos teñen os seus mellores expoñentes, as de 66 e 73 quilogramos, co obxecto de reunir a máxima calidade posible neste Gran Premio.
A competición, á que só pódese acudir cunha invitación persoal, reunirá aos dez mellores judokas posibles de cada peso, 20 deportistas en total. Cabe resaltar que dos cinco judokas galegos participantes, catro deles defenden os colores dun club vigués. Haberá tamén representación portuguesa, rusa e moldava, cun xoven judoka campión de Europa en categoría júnior.
As eliminatorias comezarán o sábado ás 20,30 horas, os terceiros postos ás 21,15 horas e as finais a partir das 21,30, xunto con exhibicións de Judo, Aikido, Defensa persoal, Wu-shu e Tai-chi, nun espectáculo de dous horas aproximadas de duración.
Descargar todas as imaxes