Escoitar

Turismo promocionará a cidade mediante unha oficina itinerante

A Concellería de Turismo porá en marcha proximamente unha oficina de turismo itinerante que percorrerá 13 cidade españolas e 4 portuguesas co fin de promocionar a cidade e segundo aprobou a Xunta de Goberno Local.

mércores, 31 mar 2004
108073498814.jpg
Vista da cidade
O plan de actuacións de Turismo para o presente ano contempla a promoción da cidade en 13 cidades de España e 4 de Portugal, xa que segundo os datos que manexan as oficinas de información turística municipal a meirande parte de turistas que nos visitan proceden de Castilla León, Asturias e outras comunidades que se atopan a máis ou menos catro horas de viaxe de Vigo. Os turistas estranxeiros principalmente son portugueses, seguido de arxentinos, francesas e ingleses.

Por este motivo , a concellería de Turismo porá en circulación unha oficina de turismo itinerante, cun bus promocional de dúas plantas, para que percorra as cidades de Santiago, SA Coruña, León, Oviedo, Xixón, Santander, Burgos, Valladolid, Segovia, Ávila, Salamanca, Cáceres, Badajoz, Setúbal, Lisboa, Porto e Braga.

O bus permanecerá un día en cada unha destas cidades e emprazarase nas principais prazas e zonas peonís de maior tránsito de persoas. Os informadores turísticos ofrecerán toda a información sobre os recursos turísticos da cidade xa sexan culturais ( museos, monumentos), naturais (parques forestais, praias) paisaxísticos.
Descargar todas as imaxes